Skip to main content

Full text of "entrevista-castrapo"

See other formats


ENTREVI STA CASTRAPO 


Este xogo de rol en solitario interpretarás a unha neofalante enfrontándose a unha 
entrevista de traballo para unha gran industria galega. A entrevistadora que terá a última 
palabra sobre a túa contratación non fala "el gallego", senón que fala castrapo. A túa tarefa 
será agradala sen traizoar moito os teus ideais lingúísticos. Para xogar só precisarás estas 
regras, unha baralla española sen oitos nin noves e uns vinte minutos. 


PREPARACIÓN 


Baralla as cartas e coloca catro boca arriba de esquerda a dereita, estas catro marcarán O 
escenario a xogar segundo o seu pau, posición e a seguinte táboa: 





Pau Industria Provincia Lugar Posto 
Espadas Vehículos Pontevedra Videoconferencia Secretaría 
Bastos Textil Ourense Feira de emprego Dirección 
Copas Cervexa Lugo Bar Deseño 
Moedas Banca A Coruña Oficina Contas 


Interpreta os resultados para imaxinar a empresa, o posto de traballo e a situación. Logo colle 
dez cartas e ponas na túa man, esas cartas simbolizarán as túas respostas. Pon o resto de cartas 
fronte a ti boca abaixo, deixando unha ringleira para xogar as túas. 


PREGUNTAS 


En cada rolda formularás unha interrogación da entrevistadora. Desvela a carta superior da 
baralla e determina o tema e o ámbito segundo a seguinte táboa: 


Valor Tema Valor Tema z 4 
- Pau Ambito 
2 Doado 7 Debilidades 
Z Espadas Pasado 
3 Forzas S Tecnoloxías 
RE. Bastos Futuro 
4 Compañeiros E Trampa 
SS Copas Persoal 
5 Iniciativas R Cartos MOE Libr 
6 Trocos A legal ES S 


Na medida do posible tenta que a nova pregunta encaixe co resto da entrevista, e lembra que a 
entrevistadora só fala castrapo. 

Unha vez que teñas a pregunta formulada, escolle unha carta da túa man para comparala coa 
desvelada. Compara os paus de ambas cartas e se a túa ten un valor maior (o ás é o máis alto). 
Logo sitúa ambas cartas segundo a táboa e anota mentalmente o idioma e o resultado da resposta: 


Paus coinciden? Posición carta pregunta Idioma resposta 

Si Esquerda da baralla Galego 

Non Dereita da baralla Castrapo 

Valor maior? Posición carta resposta Resultado resposta 
Si Á túa esquerda Éxito 

Non Á túa dereita Fracaso 


Por último elabora unha resposta, no idioma indicado, que simbolice o éxito ou o fracaso 
segundo corresponda. Se inda tes máis cartas na man, comeza outra rolda cunha nova pregunta. 
Noutro caso, pasa ao epílogo. 


EPÍLOGO 


Conta as cartas de pregunta que puxeches á esquerda da baralla e réstalle as da dereita da 
mesma. Fai O mesmo coas cartas de resposta. Logo miras as seguintes táboas para determinar 
como foi a experiencia. Reflexiona sobre o resultado. 


Resta de preguntas Resultado Resta de respostas Resultado 

Maior ca O Aceptáronte para o choio! Maior ca O Conservastes os ideais! 
Menor ca O Rexeitáronte para o choio! Menor ca O Vendistes os teus ideais! 
Igual ca O Precisas outra entrevista Igual ca O Nin subes nin baixas 


MÁIS XOGADORES 


O xogo pódese estender facilmente a máis xogadores, por exemplo deixando que interpreten os 
roles de entrevistadoras e/ou engadindo outra entrevistada. 


Xogo sen dereitos de autor feito por Xogón.